clases

A A.C. Amigos da gaita Toxos e Xestas fundouse principalmente pola necesidade de compartir as inquietudes culturais que xurdían ao estar lonxe de Galicia. Para iso, dentro da asociación creáronse diferentes actividades académicas e extraacadémicas, todas elas importantes e necesarias para formar Toxos e Xestas. 

Dentro das actividades académicas englobamos tódalas clases que están relacionadas directamente co folklore galego. A duración das mesmas é de hora e media, distribuída entre os fins de semana (sábados pola tarde e domingos pola mañá). As clases se imparten en fin de semana para poder facilitar a asistencia ás mesmas sen ter que prescindir das súas actividades habituais entre semana. 

Para asistir ás nosas clases non hai límite de idade, aínda que dependendo da actividade a realizar, si que hai un mínimo. Intentamos distribuír aos alumnos nos niveis máis adecuados aos seus coñecementos e capacidades para que poidan sacar o máximo partido, tendo en conta as súas prioridades. 

As clases que se imparten no noso centro son: gaita galega, danza tradicional, lingüística, canto e percusión, á marxe dos talleres que se programan ao longo do curso. O alumno pode elixir facer calquera delas ou todas, xa que poden compatibilizarse os horarios co fin de que non coincidan as clases e poidan realizar tódalas que queiran.

Clases de Danza

Como xa saberán, ao falar de danza galega, non só de fala da muiñeira, senón que ademais hai outros tipos de ritmos como a Xota, o Fandango....e para poder ensinar a danza con toda a súa autenticidade, contamos coa axuda de profesores que manda a Xunta de Galicia. 

Estes investigaron con máis profundidade os costumes, e bailes dos pobos de Galicia. 

Clase de Percusión

Nesta clase apréndese a tocar tódolos instrumentos de percusión que se utilizan para acompañar á gaita, como a pandeireta, charrasco, bombo, tambor, pandeiro, conchas, tarrañolas... 

Cada instrumento necesita a súa particular dedicación pero tamén se aprende a combinar tódolos instrumentos formando un son acorde.

Clase de Gaita

Xunto coas clases de danza, sen menosprezar ao resto de clases, as de gaita son as que necesitan máis preparación. Consisten en adquirir uns coñecementos base de solfexo e nunha preparación práctica coa que poder interpretar correctamente o que un se propoña.


É un proceso un pouco máis longo, dependendo como non, da facilidade dos alumnos. 
Para poder estructurar as clases segundo os coñecementos dos mesmos, existen diversos niveis que van de menor a maior, nos que desde un primeiro nivel no que se empeza de cero, ir adquirindo coñecementos e alcanzar o nivel requerido para formar parte da Banda de Gaitas de Toxos e Xestas.

Clase de Harmónica

É unha clase de recente incorporación, na que os alumnos se familiarizan con este instrumento pouco explotado na actualidade do mundo folk galego e que tantas sorpresas nos pode gardar de man dos noso músicos.

Canto e Pandereita

A finalidade desta clase é a de educar a voz e o oído, ademais de coordinar o canto e os golpes ao tocar a pandeireta, como en tódalas demais clases non hai límite de idade, pero se rexen por niveis de aprendizaxe nas que se adaptan as idades ás mesmas.

Classe de acordeon
A acordeón é un instrumento musical versátil e emocionante que vale a pena aprender, especialmente no contexto da Escola galega de gaitas. Esta tradición musical galega é rica en historia e cultura, e dominar o acordeón pode abrir novas portas no mundo da música tradicional galega.

Classe de Zanfona

Na nosa Escola Galega de Gaitas ofrecemos clases de zanfona, un instrumento tradicional galego que forma parte da nosa rica cultura musical.

A zanfona é un instrumento de corda fregada que se toca cunha roda de madeira, xerando un son característico e único que acompaña ás gaitas nas nosas actuacións.

O noso profesor en zanfona ensinaranche as técnicas e habilidades necesarias para dominar este instrumento e formar parte da nosa comunidade musical galega.

Logo

© Derechos de autor. Todos los derechos reservados.

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.