Os vindeiros días 1, 2, 3 e 4 do mes de novembro dará comezo o II Curso de Perfeccionamento Tecnico. O lugarescollido para levar a cabo as clases volve a ser o centro Flor de Maig no recinto do Parc del Coneixement de Cerdanyola del Vallès.
A Federación de Entidades Culturais Galegas en Catalunya, tendo en conta o éxito do I Curso de Perfeccionamento, está a traballar para organizar a segunda edición destes cursos que tiveron tanta acollida no ano pasado.
Os cursos, volven a estar enfocados principalmente no profesorado das distintas disciplinas das entidades federadas en Catalunya pero debido á gran demanda de solicitudes de inscrición volvemos este ano tamén a ampliar os números de prazas dispoñibles.
Os cursos se celebrarán os días 1, 2, 3 e 4 do mes de novembro. O lugarescollido para levar a cabo as clases volve a ser o centro Flor de Maig no recinto do Parc del Coneixement de Cerdanyola del Vallès. Espazo cedido gratuitamente pola Diputació de Barcelona.
Este ano contaremos co mesmo profesorado co ano anterior. A intención é darlle unha continuidade e, deste xeito, maior sentido e asimilación o aprendido nas clases do ano pasado.
As clases de baile impartiranas Luís e María Prego; as de gaita, Anxo Lorenzo e Diego González Mariño; as de percusión, Alberto Costas e as de canto e pandeireta, Leni Pérez.
A continuación detallamos o horario das clases para todo aquel quedesexe consultalo.
DE | A | XOVES 1 | VENRES 2 | SÁBADO 3 | DOMINGO 4 |
10:00 | 11.30 | CLASE | CLASE | CLASE | |
11.30 | 12.00 | DESCANSO | DESCANSO | DESCANSO | |
12:00 | 13:30 | PRESENTACIÓN | CLASE | CLASE | CLASE |
13:30 | 15:30 | XANTAR | XANTAR | XANTAR | XANTAR |
15:30 | 17:00 | CLASE | CLASE | CLASE | CLAUSURA |
17.00 | 17:30 | DESCANSO | DESCANSO | DESCANSO | |
17:30 | 19:00 | CLASE | CLASE | CLASE |
O curso comezará o día 1 de novembro ás 12 da mañá, coa inauguración e presentación. Acto seguido, o profesorado, alumnos, representantes de organismos oficiais, e a organización estarán invitados a un xantar no mesmo recinto.
Debido o emprazamento dos cursos, este a ano a Federación de Entidades Galegas en Catalunya tamén correrá cos gastos de manutención dos alumnos no que se refire a almorzos e xantar. Os alumnos tamén poden contar con instalacións de vestiarios e duchas para todo aquel que precise do seu uso, despois das clases.
O menú de eses días é:
Xoves 1:
Crema morna de cabaza e pataca
Polo á catalana
Natillas ou froita
Venres 2:
Fideuà
Pescada en salsa verde
Mousse de limón ou froita
Sábado 3:
Lasaña
Mero á papillote
Xeado de corte con caramelo ou froita
Domingo 4:
Paella de carne
Tenreira con cogomelos
Lionesas con chocolate quente ou froita
A clausura dos cursos celebrarase o domingo despois do xantar coa entrega dos diplomas os alumnos que asistiron as clases. O acto estará presidido polas autoridades das diferentes entidades, así como representantes de organismos oficiais.
Como remate final, o ano pasado se improvisou unha festa na que participaron mestres, alumnos e todo aquel que se acercou polo recinto no acto de clausura. Este ano tamén invitamos a pechalo acto deste xeito a todo aquel que queira asistir e participar da festa.
Para calquera dúbida podedes chamar a Cristina (676662977) ou Jorge (626216846).