Actos, eventos, conciertos...

Fallado o premio de poesia Maria Mariño


Este sábado tivo lugar en Teo o fallo do Premio de Poesia Maria Mariño convocado pola Asociación Teenses Póla Igualdade e patrocinado pola compostelana librería, Follas Novas.
Un xurado de luxo composto por Marilar Aleixandre poeta , Salvador Garcia Bodaño, escritor e membro da Real Academia Galega,Xosé Amancio Liñares Girau, escritor,  Camiño Noia escritora e Helena Villar presidenta do Padroado Rosalia de Castro, decidiron elexir como gañador dos 1.000 euros correspondentes o primeiro premio, a Adolfo Caamaño Vázquez polo poema entitulado “Elexía dos Aléns”.

Leer más...

Festival Songaliza

A fin de semana do 11-13 maio vai estar completiña polo festival Songaliza. (www.songaliza.com)

Venres 11 maio no Palau da Música. Mercedes Peón presenta novo disco. Nordestin@s. Rosa Zaragoza.

Sábado 12 maio na Pl. Rei. Berrogüetto e Dumbalacanalla

Domingo 13 maio na Pl. Rei pola mañá. Mostra na Pl. Rei dos grupos das Aulas de Música do Conservatorio folque de Lalin (CMTF), Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO- amb la col.laboració de la Fundació Sondeseu) e o grupo estable de gralles de l’Aula de Música Tradicional i Popular de la Generalitat a Catalunya(AMTP).

Domingo 13 mail no Palau de Música. Nova Galega de Danza.

Tamén haberá conferencias, exposicións, etc

3º Alcuentru de Pandereta Gallega ya Asturiana.

Imos pra Asturies!!!  

O sábado 18 de Novembro, ímoslle tod@s ata Asturies, gozar xa por terceira vez da convivencia e recoñecemento mutuo cos nosos curmáns. O catalizador xa o sabedes, os cantares e bailes das dúas terras sempre acompañados do son de pelicas e ferreñas. Vaivos un pequeno planin desta edición:

Leer más...

Primeiro concerto de fin de carreira na especialidade de música tradicional galega

A titulación superior en música tradicional galega, impartida no Conservatorio superior de música de Vigo está de noraboa, xa que o vindeiro día 21 de novembro, coa celebración do concerto de fin de carreira a cargo do gaiteiro Xosé Luís Miguélez, verá por fin a súa primeira promoción de titulados.

Leer más...

II Foliada e presentación da Axenda Cultural Galega de Rede.cat


6 e 7 de OUTUBRO NO ATENEU POPULAR DE NOU BARRIS   O Ateneu Popular de Nou Barris [http://www.noubarris.net/ateneu] recunca como espazo para a cultura galega viva. Ao longo dos dous días de Foliada vaise presentar unha plataforma cultural innovadora, Rede.cat, formada por colectivos implicados directamente na potenciación da cultura galega en Catalunya.

Leer más...