Discografía

A Escola de Gaitas e Danzas, colaborou con moitos artistas tales como o cantautor Emili Pons ou o grupo de teatro " La Fura dels Baus", "Chieftains” xunto con Carlos Núñez" ou o gaiteiro asturiano Hevia, facendo as adaptacións e os axustes que requirían para as súas actuacións. A última produción do Grupo, editada en 2008 baixo o suxerente título de Forzas Especiais, fai un percorrido desde a muñeira tradicional ata o pasodoble, mazurca, jota e música de fusión.

Aínda que a discografía editada é curta, o repertorio da Banda contén múltiples pezas de música tradicional así como incursións nos mais variados estilos de fusión, desde jazz hasta folk ou rock and roll, pasando por adaptacións de baladas ou rumbas e ritmos propios doutras culturas.

A flexibilidade da gaita para aportar unha nova gama de sons as pezas mais variadas, é parte do atractivo de tan singular e complicado instrumento; as veces estas incursións comportan non poucos debates entre os “tradicionalistas” e os vangardistas.

Nos primeiros traballos editados a banda tiña, daquela, 130 compoñentes. A segunda gravación amósanos un variado repertorio de obras tradicionais, así como de autores actuais premiados nos certamenes de compositores que a Escola organiza anualmente. Todas as obras están interpretadas por gaitas en Si bemol e en Do brilante, contribuíndo deste xeito a unha maior riqueza sonora.

Daquela, a contribución de Xosé Lois Foxo, un dos fundadores da Escola, é importantísima para comprender a obra.

As duas primeiras producións discográficas, “Antoloxía dá Gaita” e “Antoloxía dá Gaita II, Troula dos gaiteiros”, recollen as pezas mais significativas do repertorio tradicional ademais de producións propias.

 

Forzas Especiais

É o título do último disco editado pola Banda de Gaitas Toxos e Xestas. Eiquí podemos ver a evolución da banda e da Escola, con pezas de fusión, introducindo distintos instrumentos que acompañan aos tradicionais (gaita e percusión).

A Banda está introducindo novas pezas musicais na súa repertorio tradicional, para dar entrada a outros ritmos coa axuda de todo tipo de instrumentos, pouco habituais nos concertos de gaita.