Actos Internos


Para garantir o benestar dos nosos socios e alumnos, Toxos e Xestas organiza pequenos festivais ao longo do ano, cos que damos a benvida ao novo curso, celebramos a chegada dos reis magos, e despedimos o curso académico.

Datas tan destacadas como o Magosto ou o Entroido, tamén merecen unha celebración especial.

 

FESTA DA EMPANADA 

 

O mellor reencontro despois do verán ou unha forma de celebrar a volta ás clases sería como non, unha festa. Na festa da empanada motívase principalmente aos nosos socios a que traian unha empanada galega. Cada un deles trae a máis popular da súa zona, polo que se xuntan infinidade de sabores e formas dignas de concurso e a asociación encárgase do resto, incluíndo a típica Queimada e o son das gaitas.

   Image

  

MAGOSTO

É a popular festa da "castañada", na que todos, ao redor do lume, asamos quilos e quilos de castañas galegas ante o frío de novembro. O máis destacado desta festa é a unidade que reflicte todo o mundo, uns "morden as castañas", outros as asan, outros preparan as grellas (non só se asan castañas, senón que ao final convértese nunha gran "parrillada"), ata que todo esta listo para continuar a festa. As Castañeiras reparten as castañas asadas entre todos, entréganse os premios do concurso de manualidades feitas con castañas crúas ou boniatos e báilase ata altas horas da madrugada.

Image

  

ENTROIDO  

Festa na que é obrigatorio ir disfrazado, é a coñecida festa do Entroido na que todos os alumnos e socios escóndense tralo seu careta para facer xogos e travesuras. É unha pequena representación da festa que se celebra en Galicia tanto na súa tradición como na súa gastronomía, polo que logo de desfilar no concurso de disfraces finalízase a festa cunha cea chea de productos típicos galegos.

 Image

    

Image      "XUNTANZA" DE VERÁN

Unha vez de vacacións normalmente no mes de agosto, a maioría dos integrantes da Asociación volven ao seu lugar natal, pero a amizade que se creou nesta gran familia fai inevitable o volver verse aínda que só sexa durante un día en Galicia, polo que cada ano un socio suxire e organiza unha comida campestre no seu pobo, e a ela xúntanse non só os integrantes da Asociación. senón que ademais súmanse tódolos familiares e amigos que queiran pasar un día de festa.