Clases

A A.C. Amigos da gaita Toxos e Xestas fundouse principalmente pola necesidade de compartir as inquietudes culturais que xurdían ao estar lonxe de Galicia. Para iso, dentro da asociación creáronse diferentes actividades académicas e extraacadémicas, todas elas importantes e necesarias para formar Toxos e Xestas.

Dentro das actividades académicas englobamos tódalas clases que están relacionadas directamente co folklore galego. A duración das mesmas é de hora e media, distribuída entre os fins de semana (sábados pola tarde e domingos pola mañá). As clases se imparten en fin de semana para poder facilitar a asistencia ás mesmas sen ter que prescindir das súas actividades habituais entre semana.

Para asistir ás nosas clases non hai límite de idade, aínda que dependendo da actividade a realizar, si que hai un mínimo. Intentamos distribuír aos alumnos nos niveis máis adecuados aos seus coñecementos e capacidades para que poidan sacar o máximo partido, tendo en conta as súas prioridades.

As clases que se imparten no noso centro son: gaita galega, danza tradicional, lingüística, canto e percusión, á marxe dos talleres que se programan ao longo do curso. O alumno pode elixir facer calquera delas ou todas, xa que poden compatibilizarse os horarios co fin de que non coincidan as clases e poidan realizar tódalas que queiran.

A. C. Amigos da Gaita Toxos e Xestas

  • c/ Bronze, 5-7, 08038 Barcelona

    Correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. | Política de privacidad | Política de cookies